MANS FÓRA DE VENEZUELA
Anunciamos esta serie de actos en Galicia en apoyo de la Revolución Bolivariana, convocados por varias organizaciones y en los que participa el FAI:
Nós, colectivos e organizacións convocantes deste encontro, baixo o denominador común de HANDS OFF VENEZUELA, queremos amosar a nosa preocupación polo que acontece na irmá República Bolivariana de Venezuela
Hai máis dun mes que a cruel inxerencia externa está a levar a Venezuela a unha situación límite e durante os últimos días presenciamos unha escalada que semella levar a unha intervención bélica.
Os asinantes desta declaración manifestamos o noso apoio aos esforzos polo diálogo e a paz realizados por México, Uruguay, Bolivia e 14 países do Caribe. Mostramos o noso compromiso en denunciar a inxerencia e unha posible intervención militar estranxeira.
Chamamos ao respecto á soberanía de Venezuela, do seu lexítimo goberno e ás súas institucións, así como ao respecto á vontade popular expresada en múltiples convocatorias electorais.
PAZ PARA VENEZUELA NON Á GUERRA MANS FÓRA DE VENEZUELA